Vestixos recentes sen futuro de conservación
Cabanas como tódolos concellos que integran á axenda 21 da asociación Euroeume ten como obxectivo sumar os esforzos de tódolos integrantes do territorio para acadar melloras estructurais que permitan un incremento integral da calidade de vida (desde o punto de vista económico, social, medio ambiental……….) pero sobre todo acadar un nivel de desenvolvemento onde o cidadán sexa o protagonista e poida incidir activamente no deseño do seu futuro.
Neste sentido, xa dende hai algún anos, trátanse de empregar diferentes vehículos de comunicación donde se intenta manter unha información directa do traballo realizado e dos proxectos de futuro. Dende iniciativa Veciñal Cabanesa pensamos que a lonxanía dos medios de comunicación non sempre permite obter unha información real da nosa comarca e dos feitos do día a día, alo menos, esto é o que pasa no noso territorio cabanés.
Cara a madurez dos proxectos cómpre conquerir unha participación efectiva de tódolos sectores e das institucións públicas implicadas, así como achegar a toda a poboación os pasos que se van dando dende os distintos gobernos municipais. De non ser así débese poñer en coñecemento da cidadanía os pasos que deberán darse para mellorar a oferta cultural das zoas rurais e rururais.
Por iso aquí estamos, e decimos que cómpre empregar máis persoal para contar cunha estructura municipal sólida e estable nas áreas de servizos á comunidade. Reducir a dependenza dos programas de subvencións que poñen atrancos a continuidade de bós profesionais e das programacións municipais. Sen dúbida é necesario mancomunar servizos e xuntar esforzos; é necesario poñer a punto os recursos culturais que temos abandoados pra acoller a esa cidadanía en demanda de lecer, e reducir a alta taxa de paro que temos no concello, na comarca.
Non podemos deixar pra máis adiante que os nosos vestixios culturais desaparezan co paso do tempo sen que ninguén faga o necesario por recuperalos. Para mostra do que pretendemos volo mostramos coa fonto da fonte e lavadeiro de Fontao para que a concelleria de Turismo que rexe a Agrupación de Electores de Cabanas tome nota do que non se pode deixar para despois……………………..
